outra vaca no millo

Wednesday, May 31, 2006

Mais subvencions...



Levamos unha temporada que non paran as subvencións, e vacamillo xa empeza a parecer a folla parroquial da consellería de cultura da xunta de galicia, pero machiño, xa se sabe, cando veñen, veñen todas xuntas ;)

Pois eso, que no doga do 23 de maio de 2006 publicanse outra serie de axudas para productoras audiovisuais (desta vez __NON__ está aberta a convocatoria a personas individuais). Volveremos sobre o asunto, pq na nosa opinión esta convocatoria ten unha serie de puntos interesante sobre os que falar, pero, a bote pronto, e sen animo de polemica, destacarbos que:

1) A subvención é para produccións e copruduccións audiovisuais en lingua galega(non é certo, pero é o que pon no doga).

2) O presuposto para as subvencións é de 2.658.206 € (das de verdad, pq se lle facemos caso o que dí o doga, sería case do doble: 4.758.206 € )

3) Subvencionanse Longametraxes de ficción (distinguindo entre "normais", operas primas, TV-movies e largos de animación), longamietraxes documentais (distinguindo entre "documentais de creación" e "de difusión cultural"), capitulos pilotos de series de animación, e contidos interactivos.

4) A cantidade de papeleo que se solicita é alucinante. Novamente, notase que estamos tratando coa administración!!! Mi madirña. Inda que non o creamos, aqui os productores executivos si que se están a gañar o pan (que non, que non, que non é unha lenda urbana, que os productores tamen curran de vez en cando, sobre todo se hai cartos polo medio ;)

5) Como sa dixen, so poden solicitalas personas ou entidades inscritas coma productoras audiovisuais nalgun rexistro oficial, e que estñan ao dia nas suas obligacións tributarias (paaaga, payo paaaaaga ;)

6) As productoras interesadas teñen de prazo ata o 22 de Junio (30 dias naturais dende a publicación no DOGA).



Bueno, xa sabedes, productoras de galicia: a pedir que algo toca ;)

P.D.:Seguiremos falando desta convocatoria, estade atent@s, pq hai algunhas cousas q teñen chicha, xa veredes, xa ;)

Labels: ,

Tuesday, May 30, 2006

Axudas da xunta...

Para aqueles de vos que presentarades solicitudes para as axudas a produccións audiovisuais da xunta de galicia...

K saibades k a consellería de cultura acaba de sacar unha nota de prensa onde, aparte de tirarse flores e sacar peito (cuestión de opinións se o merecen ou non), proporciona datos interesantes acerca das propostas presentadas:

119 en total para a elaboración de guións.
109 para proxectos audiovisuais e interactivos

Mais info na nota de prensa

Novamente: K haxa sorte para todos os e as participantes / participantas ;)

Monday, May 22, 2006

Non estamos mortos...


Hola xentiña...

Pois eso: K inda non estamos mortos (inda k o poida parecer ;). O único é que estamos facendo unha re-estructuración nas nosas infraestractutuas para poder mellorar vacamillo.

E parece que se puxeron dacordo no interín para dar cousa de que falar, porque cousas pasaron, e ben delas: A declaración deserta das concesións de radio dixital en galicia, o anuncio dunha segunda canle da TVG e da RG antes de finais de ano, mais cousas de mundos dixitais na curuña, o felstival de cans esta semana,etc, etc, etc...

Estaremos moi pronto de volta, para comentar estas e outras cousas. Estade atentiños...

Thursday, May 11, 2006

Curtas na rede...



Estades de sorte se sodes creativos...

Curtas na rede, o programa da xunta para a promoción de curtometraxes galegas na web, ampliou o plazo de presentación de produccións ata o 30 deste mes. Podedes gañar 1500 EUR.

PD: ¿tera algo que ver que solo se presentaran 8 curtas en total? (nivel de participación impresionante ;) (Que malo soy ;)

mais info en www.curtasnarede.es

Wednesday, May 10, 2006

Sigue o serial do CGAI...

Miñas donas, meus señores...

Ke non, ke non: K un tio que pide unha subvención para facer unha pilicula e non consigue facela (inda k non gastou os cartos. Pro ¡coño! se non o ves claro, non os pidas: Non creo que esa seña un xeito moi acertado de gestionarse. Kero decir, se o fai asi coa sua productora, ¿como o fara con cartos que non son seus?), non ten moitas papeletas para ser director do cgai, pero se inda por riba, tes deudas coa seguridade social, pos no te digo na!

Eso foi o que lle pasou a Antonio Simón, quen estaba casi seguro de ir ser o proximo director do CGAI, pero... O que pide cartos en non fai peliculas, ou non paga o que ten que pagar a quen ten que pagar non pode estar dirixindo nada (cando menos publico ;). Ou polo menos k fora o suficientemente listo como para que non o pillaran ;) (ojos k no ven... )

Mirade k contentos estan os de galicia hoxe, a escueta nota de vieiros, e a completa información de la opinión de Coruña (Je,Je non é por ser malo, pero... ¿a que se nota de que pe coxea cada un destes? ;)

Tuesday, May 09, 2006

A santisima triple P...

Paris, Panorama e Philadelphia...

Para moitos adeptos, cada fin de semana, ista combinación é sinonimo de peregrinación á festa (seña romería, discoteca ou festa dos mozos) para disfrutar da boa xente, boa música e bo ambiente (aparte de 2 horas de coche mínimo).

Si señor... Xa están rulando por galicia adiante coas novas montaxes para este ano as nosas orquestas. Este ano, igual que o anterior, destaca a santísima trinidade das P's: Paris de noia, Panorama e philadelphia. Maís watios de son, maís equipo de iluminación e o mismo ben facer técnico de sempre.

Non nos podemos esquecer tampouco das míticas sintonia, satelites, ou os arquiños. Armonia show, por suposto. E Tamen as novas apostas como galilea ou a olympus.

Temos música para rato este vran, e alegramonos, pq con ela moitos técnicos de son van poder traballar outra tempada maís. Tentaremos traervos aquí o pulso de algun destes profesionais do ramo, via entrevistas, opinions ou xa veremos como.K as orquestras, mal que lles pese a alguns, tamen forman parte da industria do audiovisual galego.

Monday, May 08, 2006

Axudas para guión...

O viernes dia 5 de maio rematou o prazo para a presentación de propostar para a solicitude de axuda para a realización de guións para longametraxes.

¡Sorte para tod@s os participantes! (i esperemos que desta vez todo vaia ben ;)

Tuesday, May 02, 2006

Subvencións...


K non, k non, k esto sigue sendo o blog vacamillo ;)
(Non vos confundades polo logo darriba ;)

Si, xa sei que levo algun tempo desaparecido, as miñas maís sinceras disculpas. É pq non solo de blogs vive o home, e aqui eu non iba ser unha excepción.

Desde que menterei a semana pasada de que saliran publicadas as convocatoria de axudas para o audiovisual, e que este ano podían ser solicitadas por persoas físicas alo fun eu. Inda estou metido no traballo.

Fixen un interín para poñervos aquí o anuncio. Se inda non vos enterastes e tedes algun proxecto interesante, dadevos prisa: O prazo para presentar as solicitudes para as axudas a realización de guións remata este viernes (se non botei mal as contas ;). Para as axudas a realización de produccións finais, tedes un pouco maís de tempo (ata o 14 deste mes aprox.).

Chamoume a atención na convocatoria, duas cousas sobre todo:
1) Este ano poden solicitar as axudas personas físicas. Ata o de agora, estas axudas estaban reservadas a empresas. E dicir, ti mais eu podemos solicitar as axudas sen ter que constituirnos coma autonomos ou empresa.
2) Hai un porcentaxe das axudas reservado a produccións feitas por(ou para) mulleres, xente nova (menores de 21 anos), ou relacionadas coa recuperación da memoria historica. Estas cuotas de reserva tampouco aparecían en convocatorias anteriores.

Tedes aqui as bases completas para as axudas a realización de guions (longametraxes, documentais, ou peliculas para TV ).
Estoutras son as bases para as axudas a producccións audiovisuais. (Aquí hai unha chea de categorías, así que millor lede as bases).

Se sodes empresa (ou persoa física) inscritos coma productora audiovisual, tamen vos poden interesar estas.


P.D.:Unha cousiña, para ser obxeto da axuda, as obras teñen que estar en lingua galega (loxico ¿non?).

P.D.II: Marcho correndo a acabar de elaborar as miñas propostas ;)