outra vaca no millo

Wednesday, November 29, 2006

Nova Web do audiovisual galego...



http://www.axenciaaudiovisualgalega.org



Levamos unha temporada que non paramos de inaguración na rede, i é que a carrera entre a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual (PSOE) e a Consellería de Cultura (BNG) por establecerse como punto de referencia institucional do audiovisual galego librase tamen na rede. (competir en vez de unirse para axudar... Puffff, o de sempre en Galicia... ¿non aprenderemos nunca?)

Se a semana pasada falabamos da presentación en sociedade do sitio audiovisualdegalicia.es, hoxe enteramonos, via a peli do dia, da aparición da web axenciaaudiovisualgalega.org (toma nombrecito!!!).

Nace con bastantes contidos: Noticias, eventos, axenda, axudas!, guias para presentación de proxectos, enlaces, lista de correo... Bastante completiña, ao noso entender, incluso diriamos que lle gana por goleada á audiovisualdegalicia.es, onde apenas hai un par de noticias e 4 proxectos colgados (k por outro lado xa se publicarán na última edición de curtas na rede).

Aqui tedes o enlace: http://www.axenciaaudiovisualgalega.org

E aquí a notica no blog a peli do día, por onde nos enteramos nos.

Labels:

Friday, November 24, 2006

Ala!!! a imitar a chano piñeiro...


Mirade o que din na webe da xunta:

Emilio Pérez Touriño chama a percorrer o camiño aberto por Chano Piñeiro para construír en Galicia un “audiovisual propio e potente”


Ala!!! Xa sabedes... Todo dios a facer cine... ahora ben... non esperedes axudas da xunta... nooooonnnnnn!!!! (a non ser que señades amigos dalgun do bloque, claro). Aqui, imitar a chano piñeiro, quere dicir pasar os traballos que tivo que pasar el para sacar adiante a mitica "sempre sonxa". (Esperomos que non quera dicir que tamen haxa que morrer novo para que despois se dediquen a facerlle a un homenaxes e premios fantasmas...)

Tedes aqui a noticia por se a queredes ler (pero avisados estades....)

Labels:

Thursday, November 23, 2006

Dimite o comite de empresa...






Baixan revoltas as augas na CRTVG...

Este martes pasado dimitiu o comite de empresa da TVG en resposta a non aprovación por parte d@s currantes do ente (por un aplastante 3/4 en contra da proposta) do convenio colectivo que previamente fora pactado coa dirección.

Era un paso lógico (inda que na CRTVG hai moitas cousas que non son lógicas...) despois de pasar o que pasou, e de dar o espectaculo que deron. Seica levaban moitos anos chupando do bote... (pero claro como eso non sale no telexornal...)

En galicia confidencial fanlle un seguimento a noticia e a verdad é que os comentarios da xente que está dentro do "ente" non teñen desperdicio. Si que hai mala hostia na galega, si. E non me extraña... Xa son moitos anos de puteo.

Labels: ,

Audiovisual de Galicia...

Segun lemos na sección de comunicación da edición dixital da voz de Galicia, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual acaba de lanzar un novo portal webe para tod@s os interesados no que pasa no audiovisual en galicia. Queren que seña o punto de referencia para tod@s @s profesionais e aficionad@s do audiovisual en galicia...

Podedes botarlle un ollo en http://www.audiovisualdegalicia.es

Entre outros servicios ofrece hosting web de balde para os usuarios que se rexistren, así como un servicio de streaming para as produccións dos usuarios rexistrados... Nada, xa sabedes, agora so vos queda coller a cámara e... a rodar!!!

Podedes consultar a nova da voz aqui.

Labels: , , , , , , ,

Wednesday, November 22, 2006

As privadas non están contentas coa TDT...

Non señor... Non tan contentas...

Seica queren que o governo se poña un pouco maís as pilas, se realmente se quere facer o apagon analóxico no 2010. Queixanse de que o governo obligalles a manter unha covertura elevada (de feito case o 80% do territorio nacional), con unha tecnoloxía de custes elevado, para a que de momento non hai parque de receptores, e polo tanto, tampouco espectadores, lease audiencia. E claro: Non audiencia, no Money. Cousas como estas foron as que dixo Alejandro Echevarría, presidente de Telecinco, e presidente de turno da asiciación de televisións privadas, nunhas xornadas sobre TDT en Bilbao.

Entre as cousas que piden é que se subvencione a compra de decodificadores, para aumentar a número de potenciais usuarios desta tecnoloxñia.

Tedes maís información no ABC aqui. (en castelan)

Labels: