outra vaca no millo

Thursday, November 23, 2006

Dimite o comite de empresa...






Baixan revoltas as augas na CRTVG...

Este martes pasado dimitiu o comite de empresa da TVG en resposta a non aprovación por parte d@s currantes do ente (por un aplastante 3/4 en contra da proposta) do convenio colectivo que previamente fora pactado coa dirección.

Era un paso lógico (inda que na CRTVG hai moitas cousas que non son lógicas...) despois de pasar o que pasou, e de dar o espectaculo que deron. Seica levaban moitos anos chupando do bote... (pero claro como eso non sale no telexornal...)

En galicia confidencial fanlle un seguimento a noticia e a verdad é que os comentarios da xente que está dentro do "ente" non teñen desperdicio. Si que hai mala hostia na galega, si. E non me extraña... Xa son moitos anos de puteo.

Labels: ,

Friday, June 02, 2006

Segunda canle TVG



Bueno, bueno, meus queridiños e queridiñas. Hai duas semanas, o actual director da CRTVG ( Mr. Benigno Sánchez) anunciou nunha comparecencia parlamentaria que seica ten a intención de poñer unha segunda canle de TVG a funcionar. Esto foi anunciado a bombo e platillo polos medios e pola xente cultureta como unha grande iniciativa do novo governo... (bueno, a parte de decir que o PP solo se queixa de que xa non hai nin gavilanes nin supermartes na gallega)

A ver, queridiñ@s. K non vos engañen. Recordade que a TVG xa ten mais de unha canle. A que coñecemos como TVG, é a sua emisión en analóxica (ou en dixital a traves de operadores de cable / digital +). Pero non é a única que existe: Hai duas canles internacionais que ven moitos galegos da diaspora (como se di agora, miña nai chamalles emijrantes), emitidas via satelite analóxico (lease astra, hispasat e demais familia), e que inclue algun que outro contido diferenciado. Tamen se está emitindo en internet (nesto a TVG foi, e segue a ser pioneira), inda que esta emisión é practicamente unha copia da emisión en analoxico da sua primeira canle, pero inda así, e principalmente por problemas de licencias nalguns contidos, tamen presenta contidos diferenciados (senon conectadevos a hora de emisión de un partido, ou dalgunha pilicula e xa veredes).

Eso por unha banda.

Por outra banda: ¿qué se programaría nesa nova canle? Por que para facer unha cousa como radio galega música, millor que empregen os cartos noutra cousa. (por exemplo en facer contratos fixos a xente da galega). Vamos digo eu. Xaime fandiño plantea muito ben este punto neste informe, onde fala de moitas cousas, vendo a dicir desta segunda canle que:

"...tal e como o propio Director Xeral destacou a cadea “será temática, xa que buscará un nivel de audiencia distinto ó dunha televisión xeralista, aínda que aproveitará as experiencias positivas” da TVG” ¿Que significa isto, que utilizará os materiais en stock da primeira cadea?, ¿realizaranse só traballos de empaquetado especial utilizando o fabuloso arquivo do ente autonómico?, ¿trátase dun caixón de xastre no que caiba calquera producción incluso temas de stock da cadea que non teñen ningún interese e cunha factura estética ou técnica de dubidosa solvencia?..."

Ahi estamos Fandiño. Tí si que sabes ;) i e que xa nos chega con un "20 na galega" (por certo: pedazo de cacho de projrama ¿k non? ;)

terceiro ¿realmente estamos preparados para outra nova canle pública en galego? VAle: Ilusión hai, e ganas de ter unha oferta distinta, mais cultureta e todo eso tamen. Ademais taria guai se servise como medio de expresión de outras Galicias distintas á generalista (como di Arsenio: Non todo vai ser Futbol). Pero, claro, ¿a que precio? Kero decir, hoxe en día as teles públicas son un buraco sen fondo economicamente falando, e a TVG non é unha excepción. Si se fai outra canle nova, eso significa maís cartos (cando menos se se quere facer ben), e pola pinta que ten, poucos ingresos (quen se iba anunciar nesa cadea:¿tratores tucho?). Non sei, non sei, pero eu primeiro arreglaría a canle xeneralista que hai, e despois de demostrar que se poden facer ben as cousas meteríame a tentar sacar esta segunda canle. (porque non me diredes que a TVG 1 xa está arreglada, por que entonces, apaga y vamonos).

Cuarto: Non deixedes que vos engañen (jodeeeer xa empezo a falar como os da COPE, que medo!!!), unha canle de TV non se fabrica nuns poucos meses. Xa se leva falando e traballando por ela dende hai tempo: mirade aqui ou aqui. Non é unha cousa nin dos do bloque de agora, nin dos do psoe de agora, nin dos do PP de antes, nin dos da mesa, nin de 4 bombilleiros... Hai moita xente que leva traballando moito tempor por esa canle, e son moitos e de moi diferentes ambitos: Xornalistas, empresarios, profesionais, artistas, politicos, funcionarios...

Bueno, pois eso, que espero que polo menos pensedes en vacamillo a proxima vez que oiades falar do da segunda cadea da TVG ;)

Labels: