outra vaca no millo

Tuesday, April 25, 2006

Concurso de creación sonora


O programa de radio 3 Fluido rosa, xunto co Museo de de arte contemporaneo de Castilla y Leon veñen de convocar o 1º broadcasting art "Globos sondas". Un certame para a creación artística de obras sonoras destinadas a sua radiodifusión. A temática é libre, e hai 3 premios de 4500 EUR. cada un (impostos e demais cargas fiscais a descontar ;)

Tedes as bases aquí por se estades interesados.

Friday, April 21, 2006

Novo micro de Rhodes


A ver, a ver...

Uno, dos, uno, dos, probando, probando...
¿si? ¿escoitaseme? vale, vale, pos ahi vai...

O fabricante de microfonos Rode,acaba de presentar fai pouco a sua última innovación, o R6.

En principio, se vos digo que é un condensador cardioide alimentable via phantom non vos estou dicindo demasiado ¿verdad?. É mais, pode ser que algun que outro (ou outra) esteña dicindo, Alaaaa! outra vaca no millo...

Pero non, este micro heche algo diferente. ¿por qué? polo seu diseño: Ten a capsula separada do corpo do microfono. En teoría esto permitiría a colocación do micro en lugares de dificil acceso ou con espacio reducido onde a colocación dun micro tradicional destas características non é viable, e a calidade dun micro de mesa non é suficiente.

¿Nunca vos atopastes na situación de querer colocar o micro nun lugar e non poder facelo por ser inaccesible ou polo tamaño do micro? Pois con este modelo, en teoría non teríades maís problemas, ao poder manexar a capsula, que ten o tamaño dun micro de atril (maís ou menos), de forma independiente ao corpo do micro. Fachadas, tuberías, arbores... e todos aqueles sitios que se vos ocurran de dificil acceso, con este micro xa non son problema para estar cubertas.

Thursday, April 20, 2006

¿como se creou o gotham de batman begins?


Keredes saber como se creou o novo chicago de batman begins?

Pois apuntadevos a mundos digitales 2006. Acaban de confirmar a presencia de Dayne Cowan, un dos responsables da area 3D da empresa Double Negative, que se encargou de realizar a recreación dos escenarios virtuais da cidade para o filme Batman Begins.

Xa sabedes, do 1 o 8 de Xuño nas curuñas.

Para que non vos queixedes, aquí tedes a nota de prensa oficial.

Wednesday, April 19, 2006

Cartoon Master en vigo



A partir de maña dia 20, e ata o sabado 22 vaise celebrar en vigo unha das sesions Master do programa Cartoon da Unión europea. Poñovos en antecedentes: O Cartoon e unha asociación auspiciada polo programa Media da unión europea que agrupa a distintos colectivos (productoras, institucións académicas, profesionais, organismos públicos...) cun interes comun na creación de películas de animación. Esta asociación ten varias lineas de traballo entre as que se inclue os chamados cartoon Masters. Estes Masters son reunions de expertos nun tema determinado relacionado coa animación, e que se celebran regularmente (polo xeral duas ou tres veces ao ano) nalgunha cidade europea. Hai masters para diferentes temáticas (Future, Finance,Feature...). O que se vai a celebrar en vigo a partir de mañá e un Master Future onde se focalizará a atención sobre o tema da animación nos novos medios dixitais.

Vanse tratar temas como a producción para alta definición e os cambios tecnicos e organizativos que conleva o cambio ao novo formato, falarase do futuro da television, cara onde evoluciona, que implican os novos avances tecnolóxicos en canto a cambios de formatos, comportamentos sociais, e como elo influe na forma de realizar as produccións. Básicamente, a idea e ver que é o que opinan os expertos que están traballando (ou mellor dito, como din eles, experimentando) coas posibilidades dos novos formatos en canto a posibilidades e liñas de negocio.

Outros temas que se van abordar son os puramente tecnolóxicos, en concreto o 3D, tanto en si mesmo, coma complemento á imaxen real. Neste senso, haberá ponencias tratando dende a utilización de infraestructura TIC para a realización de animacións, ata a exposición dos últimos avances es tecnoloxía gráfica para a animación 3D.

Para a parte de producción tamen hai contidos. Haberá conferencias falando sobre o pipeline de producción en peliculas de animación, e como as novas ferramentas e formatos modifican este pipeline, e sobre a producción de cortos de animación 3D, un mercado que, polos costes de producción de largos, e por tradición histórica (cortos de bugs-bunny, popeye, betty-boo, mickey, donald... ) ten unha especial importancia.

Non se olvidan tampouco os aspecto creativos, tocandose aspectos como a integración de efectos visuais xerados mediante tecnicas 3D con imaxe real, que se exemplificaran coa producción "As cronicas de Narda".

E todo esto aderezado con comidas, cafes i almorzos cos ponentes, onde os asistentes poderan recabar, chic-to-chic, as opinions, ideas, impresións... destes con respecto aqueles temas que lles poidan resultar de interes. Precisamente esta posibilidade é unha das maís valoradas neste tipo de encontros, tanto por parte dos asistentes (que teñen así a posibilidade de contrastar os seus proxectos con expertos altamente recoñecidos a nivel internacional), como por parte dos poñentes (que deste xeito obteñen un pulso do estado real do campo no que desenvolven a sua actividade mediante o contacto con outros grupos de traballo).

Resumindo, que se sodes uns dos afortunados (ou afortunadas) que poidestes pagar os 900 EUR. que costaba a inscripción, i estades interesados no tema da animación (pero de verdad, a nivel profesional), enterastesvos a tempo (o prazo de inscripción xa hai alguns días que está pechado) estades de sorte.

Por certo, O Lugar de celebración é o centro social de caixanova en vigo.
Tedes un pdf do programa aqui.

E por se vos interesa, ai vai a lista de alguns dos poñentes (galegos primeiro, por ser malo ;)

MANUEL MEIJIDE - VideaLAB, Universidad A Coruña (Spain)
ANGEL BLASCO - Consultant Telefónica (Spain)
DIEGO GUTIÉRREZ - Universidad de Zaragoza (Spain)
MANUEL CRISTOBAL - Zinkia Entertainment (Spain)
JORGE HUGUET - SPE Sony (Spain)
RAFAEL SOLÓRZANO - El Ranchito (Spain)
JUAN MONTES DE OCA - Universidad de las Islas Baleares (Spain
JOE ALTER - Joseph Alter Inc. (USA)
TOMEK BAGIÑSKI - Platige Image (Poland)
DOMINIQUE BOISCHOT - Les Films de La Perrine (France)
REMI BRUN - Attitude Studio (France)
TOM BRUNO (Sony Pictures Imageworks)
ANDREW CHAPMAN - Double Negative (United Kingdom)
SHELDON WISEMAN - Amberwood Entertainment Corporation (Canada)
ERIC JACQUOT - Spirit Productions (France)
GILLES GAILLARD - Mikros Image (France)
OLIVIER MILLIES-LACROIX - Eutelsat (France)
ZORAN POPOVIC - University of Washington (USA)
ANDY QUESTED - BBC (United Kingdom)
MICHAEL RUEGER - Media Consultant (Germany)
FREDERIC THONET - Duran (France)
BILL WESTENHOFER - Rhythm & Hues (USA)

Wednesday, April 12, 2006

Gravando...



Estes dias estase a gravar a Música da banda sonora do largo de animación "De profundis". Producida por continental e outras, e dirixida por MiguelAnxo Prado, está basada nunha historia de Orson Wells e conta a historia dun pintor que se enamora do mar (así contado rápido e sen moitos rodeos ;).

A banda sonora corre a cargo de Nani Garcia, que xa ten algun que outro traballo feito en musicalización de audiovisuais (Blanca Madison, A vida por diante) e que mesmo estivo nominado este ano aos Mestre Mateo pola música de As Leis de Celavella.

Por certo... ¿quén adivina o estudio no que se están a facer as gravacións? ¿e os tecnicos? Pistas: Claramente, é na coruña e, se non estamos equivocados, a interpretación da partitura corre a cargo da sinfónica.

Nova edición de cans...


Atención! xente... Xa está aqui. Xa volve. Antes de irvos de semana santa, conven mirar cara o futuro, e irse preparando para as citas que temos despois da semana santa. Unha das maís destacadas vai ser o festival de curtas de cannes, o de mais agroglamour do mundo mundial. As datas son en Maio, do xoves 25 ao sabado 27. Preparadevos!!! Este ano prometen maís salas de proxeccións, maís proxeccións e maís chimpibuses. Os k xa estivestes, xa sabedes o que é ver cine nun palleiro, e os que non.... pois este ano tedes otra oportunidade.

(+ info)

(nota:o cartel é o do ano pasado, a deste ano é a terceira edición)

Tuesday, April 11, 2006

Estamosche ben...


Señoras y señores, andan a voltas a COPE, o ABC,a Punto Radio, os de Vocento e todolosdemais co asunto do EGM. Pouco queda nos toca que decir, pero , se tedes tempo (10 minutos) tedes aqui as declaracións dos da cope (flipalo!!!). (gentileza de eldial.net ;)

Mundos Digitales 2006


Non digades que non vos avisamos a tempo.

Xa se está cocendo na curuña a edición deste ano das xornadas de animación "Mundos dixitais". Este ano as datas van ser do 1 ao 8 de Julio (menos de 3 meses quedan...). Como todolos anos promete. A xente do laboratorio de camiños da UDC, como sempre, facendo os seus deberes.

Friday, April 07, 2006

Nada novo

Hola amigos ( e amigas, of course). Non escribin nada estes días pq vexo a cousa bastante parada, ou é que non chegan as miñas mans informacións interesantes. Bueno, algo hai, pero...

Por exemplo, algunhas jornadas sobre TV interactiva, certos problemas co Estudio General de Medios, que hai peleas entre eles, que os de RTVE andan a hostias, ou que seica vamos poder ver a tele de portugal en galiza.

Xa, cousas hai, pero interesantes... Bueno, tedes este finde (empeza hoxe) o tema do xuventude Galicia net. (pero como deso xa falamos pois...)