Nova Web do audiovisual galego...

http://www.axenciaaudiovisualgalega.org
Levamos unha temporada que non paramos de inaguración na rede, i é que a carrera entre a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual (PSOE) e a Consellería de Cultura (BNG) por establecerse como punto de referencia institucional do audiovisual galego librase tamen na rede. (competir en vez de unirse para axudar... Puffff, o de sempre en Galicia... ¿non aprenderemos nunca?)
Se a semana pasada falabamos da presentación en sociedade do sitio audiovisualdegalicia.es, hoxe enteramonos, via a peli do dia, da aparición da web axenciaaudiovisualgalega.org (toma nombrecito!!!).
Nace con bastantes contidos: Noticias, eventos, axenda, axudas!, guias para presentación de proxectos, enlaces, lista de correo... Bastante completiña, ao noso entender, incluso diriamos que lle gana por goleada á audiovisualdegalicia.es, onde apenas hai un par de noticias e 4 proxectos colgados (k por outro lado xa se publicarán na última edición de curtas na rede).
Aqui tedes o enlace: http://www.axenciaaudiovisualgalega.org
E aquí a notica no blog a peli do día, por onde nos enteramos nos.
Labels: audiovisual
0 Comments:
Post a Comment
<< Home