outra vaca no millo

Tuesday, June 27, 2006

Nova zelanda interesada na industria cinematogŕafica galega.



¿será certo?

A consellería de presidencia ven de publicar unha noticia na sua web onde afirma que nunha entrevista do presidente da xunta co embaixador de nova zelanda no noso país, este manifestou o interese que empresas do seu pais lle transmitirion para establecer posibles vias de colaboración coa industria cinematográfica galega, especificamente no campo da animación.

Recordemos que en novazelanda non son precisamente novatos no mundo do audiovisual. Vale! non son Hollywood, pero temos que recordar que hai moitas producción a nivel internacional de gran taquillaxe que son rodadas ala (non esquezamos a saga do señor dos aneis, rodada integramente nas terran neozelandesas e con técnicos locais).

Empresas como WingNut Films ou Weta digital ltd. teñen un recoñecido prestixio mundial, e falando no campo do son, non podemos esquecer a Camperdown studios ou a The film unit, que están entre as mellores do mundo con profesionais como Ethan van der Ryn ou o mítico Mike Hopkins (ambos galardonados con maís dun oscar nalgunha categoría relacionada co son) ¿imaxinadesvos traballar con eles codo con codo? (Je, je. bueno, eso sería moito, pero soñar non costa nada ;)

A ver, señores do sector. Si e de verdad (e non solo un bolo da xunta e do embaixador en españa) esta pode ser unha oportunidade moi, pero que moi importante para entrar no mercado anglozaxon, tan pechado a productoras non anglosaxonas. De todas formas, xa é para sacar peito, que desde as nosas antipodas veñanse a interesar polo que se está facendo aquí. Eso quere decir que tan mal non se debe estar traballando, ou polo menos eso aparenta ;) (Xa sabedes o k digo sempre: unha cousa é o que se aparente e outra a chicha k hai realmente).

Por certo: Seguro que hai algun galego taballando na industria do cine polas australias. Fijo. ¿conocedes algun?

Labels:

0 Comments:

Post a Comment

<< Home