Outra de axudas...

Os da xunta están que non paran!!!
Desta vez de man da xente de presidencia.
Despois das axudas a producción audiovisual, acaba de sair estes días outra convocatoria de axudas para a promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego.
Destaca desta convocatoria que aparece por primeira vez o eido musical contemplado coma parte da industria audiovisual galega (¡Xa iba sendo tempo!), posto que se incluen axudas para a celebración de eventos tipo concertos. Outras actividades axudables son a celabración de estreas ou a realización de viaxes a foros internacionais para a promoción de producción audiovisual galega.
Se queredes solicitar algunha axuda, dependendo do tipo de actividade para a que seña, tedes de prazo ata o 1 de xullo, ou ata o 31 de decembro.
Tedes maís info na nova web de axudas da Dirección xeral de comunicación audiovisual da consellería de presidencia, e as bases da convocatoria no doga do 1 de xullo do 2006.
0 Comments:
Post a Comment
<< Home