Unha de radio dixital...

O dia 11 do mes pasado (xa casi hai un mes!, si, xa sei, a cousa cheira a rancio xa, pero dende vacamillo non queríamos deixar de comentalo...), o presidente da xunta, así polo miudiño, calado e sen falar moi alto (como fan estas cousas os politicos: claro! como non é unha inaguración ;) anunciaba en rolda de prensa que o concurso para a concesións das licencias para as radios dixitais en galicia quedaba deserta.
Non era de extrañar que chegaran a esta conclusión, e que en vacamillo pensamos que é a millor opción que podían ter escollido.. ¿por qué? por varios motivos
- A tecnoloxía é cara. Un exemplo é maís claro que calquer parrafada que vos poida eu contar. Un dos operadores (por non decir o único) que proporcionaba os servicios de transmisión necesarios para emitir a señal dixital cobraba, no suposto maís barato, a friolera de 183.000 euros o ano (aprox. 30 millons de pesetas ao ano). Eso, para unha radio, e para un sitio como verín é unha BURRADA, porque para pontevedra por exemplo, pedían 430.000 euros ao ano.
- As licencias concedíanse por demarcacións, i esas demarcacións viñan impostas dende madrid. I en Madrid non deben saber moito de demografía galega, pq realmente non tiñan moita lógica. Por exemplo, a fonsagrada tiña dereito a tantas emisoras como ferrol, ou ponteareas tantas como Santiago. Xa ves tu.
- Non esta claro que a tecnoloxía DAB vaia ser a que se emprege na migración ao dixital (en radio): Ata o de agora esta tecnoloxía só cuajou nun pais (inglaterra), mentres que no resto de paises que inicialmente apostarón por esta tecnoloxía estase a abandonar e buscanse outras alternativas (DRM, DVB-M, ... )
- Non hai receptores para escoitar as emisións, ou mellor dito, habelos hainos, pero o maís barato anda polos 80 euros. ¿quen conocedes vos que se vaia gastar 80 euros nun aparato só para escoitar a radio? nadie ¿verdad?
Así as cousas, a declaración deserta das concesións é o mellor que podían ter feito, a espera de que a tecnoloxía madure i os custes de explotación baixen.
Por outra banda, (como son os politicos, manda carrallo, non son capaces de dar unha mala noticia sen acompañala dun caramelo ;), e na misma rolda de prensa, Mr. Touriño anunciou a proxima licitiación de 100 novas licencias de radio analóxico en FM para galicia. Así, como quen non quere a cousa, i en plan tapadillo, dixo que seica falou co seu presi zp e llo confirmou "para proximamente"
0 Comments:
Post a Comment
<< Home