outra vaca no millo

Tuesday, May 09, 2006

A santisima triple P...

Paris, Panorama e Philadelphia...

Para moitos adeptos, cada fin de semana, ista combinación é sinonimo de peregrinación á festa (seña romería, discoteca ou festa dos mozos) para disfrutar da boa xente, boa música e bo ambiente (aparte de 2 horas de coche mínimo).

Si señor... Xa están rulando por galicia adiante coas novas montaxes para este ano as nosas orquestas. Este ano, igual que o anterior, destaca a santísima trinidade das P's: Paris de noia, Panorama e philadelphia. Maís watios de son, maís equipo de iluminación e o mismo ben facer técnico de sempre.

Non nos podemos esquecer tampouco das míticas sintonia, satelites, ou os arquiños. Armonia show, por suposto. E Tamen as novas apostas como galilea ou a olympus.

Temos música para rato este vran, e alegramonos, pq con ela moitos técnicos de son van poder traballar outra tempada maís. Tentaremos traervos aquí o pulso de algun destes profesionais do ramo, via entrevistas, opinions ou xa veremos como.K as orquestras, mal que lles pese a alguns, tamen forman parte da industria do audiovisual galego.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home