outra vaca no millo

Wednesday, April 19, 2006

Cartoon Master en vigo



A partir de maña dia 20, e ata o sabado 22 vaise celebrar en vigo unha das sesions Master do programa Cartoon da Unión europea. Poñovos en antecedentes: O Cartoon e unha asociación auspiciada polo programa Media da unión europea que agrupa a distintos colectivos (productoras, institucións académicas, profesionais, organismos públicos...) cun interes comun na creación de películas de animación. Esta asociación ten varias lineas de traballo entre as que se inclue os chamados cartoon Masters. Estes Masters son reunions de expertos nun tema determinado relacionado coa animación, e que se celebran regularmente (polo xeral duas ou tres veces ao ano) nalgunha cidade europea. Hai masters para diferentes temáticas (Future, Finance,Feature...). O que se vai a celebrar en vigo a partir de mañá e un Master Future onde se focalizará a atención sobre o tema da animación nos novos medios dixitais.

Vanse tratar temas como a producción para alta definición e os cambios tecnicos e organizativos que conleva o cambio ao novo formato, falarase do futuro da television, cara onde evoluciona, que implican os novos avances tecnolóxicos en canto a cambios de formatos, comportamentos sociais, e como elo influe na forma de realizar as produccións. Básicamente, a idea e ver que é o que opinan os expertos que están traballando (ou mellor dito, como din eles, experimentando) coas posibilidades dos novos formatos en canto a posibilidades e liñas de negocio.

Outros temas que se van abordar son os puramente tecnolóxicos, en concreto o 3D, tanto en si mesmo, coma complemento á imaxen real. Neste senso, haberá ponencias tratando dende a utilización de infraestructura TIC para a realización de animacións, ata a exposición dos últimos avances es tecnoloxía gráfica para a animación 3D.

Para a parte de producción tamen hai contidos. Haberá conferencias falando sobre o pipeline de producción en peliculas de animación, e como as novas ferramentas e formatos modifican este pipeline, e sobre a producción de cortos de animación 3D, un mercado que, polos costes de producción de largos, e por tradición histórica (cortos de bugs-bunny, popeye, betty-boo, mickey, donald... ) ten unha especial importancia.

Non se olvidan tampouco os aspecto creativos, tocandose aspectos como a integración de efectos visuais xerados mediante tecnicas 3D con imaxe real, que se exemplificaran coa producción "As cronicas de Narda".

E todo esto aderezado con comidas, cafes i almorzos cos ponentes, onde os asistentes poderan recabar, chic-to-chic, as opinions, ideas, impresións... destes con respecto aqueles temas que lles poidan resultar de interes. Precisamente esta posibilidade é unha das maís valoradas neste tipo de encontros, tanto por parte dos asistentes (que teñen así a posibilidade de contrastar os seus proxectos con expertos altamente recoñecidos a nivel internacional), como por parte dos poñentes (que deste xeito obteñen un pulso do estado real do campo no que desenvolven a sua actividade mediante o contacto con outros grupos de traballo).

Resumindo, que se sodes uns dos afortunados (ou afortunadas) que poidestes pagar os 900 EUR. que costaba a inscripción, i estades interesados no tema da animación (pero de verdad, a nivel profesional), enterastesvos a tempo (o prazo de inscripción xa hai alguns días que está pechado) estades de sorte.

Por certo, O Lugar de celebración é o centro social de caixanova en vigo.
Tedes un pdf do programa aqui.

E por se vos interesa, ai vai a lista de alguns dos poñentes (galegos primeiro, por ser malo ;)

MANUEL MEIJIDE - VideaLAB, Universidad A Coruña (Spain)
ANGEL BLASCO - Consultant Telefónica (Spain)
DIEGO GUTIÉRREZ - Universidad de Zaragoza (Spain)
MANUEL CRISTOBAL - Zinkia Entertainment (Spain)
JORGE HUGUET - SPE Sony (Spain)
RAFAEL SOLÓRZANO - El Ranchito (Spain)
JUAN MONTES DE OCA - Universidad de las Islas Baleares (Spain
JOE ALTER - Joseph Alter Inc. (USA)
TOMEK BAGIÑSKI - Platige Image (Poland)
DOMINIQUE BOISCHOT - Les Films de La Perrine (France)
REMI BRUN - Attitude Studio (France)
TOM BRUNO (Sony Pictures Imageworks)
ANDREW CHAPMAN - Double Negative (United Kingdom)
SHELDON WISEMAN - Amberwood Entertainment Corporation (Canada)
ERIC JACQUOT - Spirit Productions (France)
GILLES GAILLARD - Mikros Image (France)
OLIVIER MILLIES-LACROIX - Eutelsat (France)
ZORAN POPOVIC - University of Washington (USA)
ANDY QUESTED - BBC (United Kingdom)
MICHAEL RUEGER - Media Consultant (Germany)
FREDERIC THONET - Duran (France)
BILL WESTENHOFER - Rhythm & Hues (USA)

0 Comments:

Post a Comment

<< Home