outra vaca no millo

Wednesday, April 12, 2006

Gravando...



Estes dias estase a gravar a Música da banda sonora do largo de animación "De profundis". Producida por continental e outras, e dirixida por MiguelAnxo Prado, está basada nunha historia de Orson Wells e conta a historia dun pintor que se enamora do mar (así contado rápido e sen moitos rodeos ;).

A banda sonora corre a cargo de Nani Garcia, que xa ten algun que outro traballo feito en musicalización de audiovisuais (Blanca Madison, A vida por diante) e que mesmo estivo nominado este ano aos Mestre Mateo pola música de As Leis de Celavella.

Por certo... ¿quén adivina o estudio no que se están a facer as gravacións? ¿e os tecnicos? Pistas: Claramente, é na coruña e, se non estamos equivocados, a interpretación da partitura corre a cargo da sinfónica.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home