outra vaca no millo

Tuesday, May 02, 2006

Subvencións...


K non, k non, k esto sigue sendo o blog vacamillo ;)
(Non vos confundades polo logo darriba ;)

Si, xa sei que levo algun tempo desaparecido, as miñas maís sinceras disculpas. É pq non solo de blogs vive o home, e aqui eu non iba ser unha excepción.

Desde que menterei a semana pasada de que saliran publicadas as convocatoria de axudas para o audiovisual, e que este ano podían ser solicitadas por persoas físicas alo fun eu. Inda estou metido no traballo.

Fixen un interín para poñervos aquí o anuncio. Se inda non vos enterastes e tedes algun proxecto interesante, dadevos prisa: O prazo para presentar as solicitudes para as axudas a realización de guións remata este viernes (se non botei mal as contas ;). Para as axudas a realización de produccións finais, tedes un pouco maís de tempo (ata o 14 deste mes aprox.).

Chamoume a atención na convocatoria, duas cousas sobre todo:
1) Este ano poden solicitar as axudas personas físicas. Ata o de agora, estas axudas estaban reservadas a empresas. E dicir, ti mais eu podemos solicitar as axudas sen ter que constituirnos coma autonomos ou empresa.
2) Hai un porcentaxe das axudas reservado a produccións feitas por(ou para) mulleres, xente nova (menores de 21 anos), ou relacionadas coa recuperación da memoria historica. Estas cuotas de reserva tampouco aparecían en convocatorias anteriores.

Tedes aqui as bases completas para as axudas a realización de guions (longametraxes, documentais, ou peliculas para TV ).
Estoutras son as bases para as axudas a producccións audiovisuais. (Aquí hai unha chea de categorías, así que millor lede as bases).

Se sodes empresa (ou persoa física) inscritos coma productora audiovisual, tamen vos poden interesar estas.


P.D.:Unha cousiña, para ser obxeto da axuda, as obras teñen que estar en lingua galega (loxico ¿non?).

P.D.II: Marcho correndo a acabar de elaborar as miñas propostas ;)

0 Comments:

Post a Comment

<< Home