outra vaca no millo

Friday, June 23, 2006

Mais sobre mundos...

Bueno, bueno: Mundos dixitais está a puntito a puntito. Queda un pouco mais de unha semana. A esta hora han de estar dos nervios a xente do virtualLab da uni da curuña, inda que bueno, xa van pola quinta edición, i eso curte rapaz ! ;) Un saudiño para eles, e a noraboa por que están facendo un dos poucos proxectos en galicia que realmente merece a pena a nivel internacional.

Bueno, o que quería dicir eu era que (aparte de botar unhas poucas flores a quen o merece ;) pis que pouco a pouco se van revelando maís contenidos do certame. Acabamos de saber que ademais da sección "profesional" de pago, onde distintos profesionais (corrixo: alguns dos mellores profesionaís) van presentar diversos traballos en areas punteiras da animación (superman, X-men, cars, Universidade de California... ), e do festival internacional de cortos de animación (con 173 obras presentadas: chupate esa, non está mal para ser a primeira edición!!!!) , vai haber tamen duas areas públicas: unha de videoxogos, onde, segun parece (xa sabedes que unha cousa e o que se dí, e outra cousa é ao final o resultado) vanse amosar ao público en xeral o último das tendencias en videoxogos, e logo unha iniciativa do cluster (supoño que maís que nada para sacar tajada institucional) presentando obras do audiovisual galego. Na xunta están moi contentos desto ultimo, senon mirade a importancia que lle dan.

Bueno, nos vamonos quedar coa pena de non poder ser parte dos afortunados e afortunadas que poidan asistir ao evento por motivos de traballo, pero daremos cumprida información (ou polo menos opinión) do que vaia pasando no certamen, sempre segundo a información que nos vaian pasando as nosas "fontes"

Labels:

0 Comments:

Post a Comment

<< Home