outra vaca no millo

Thursday, July 13, 2006

pero k jeta teñen... (+ sobre TDT)



Seica os xornalistas están moi cabreados coas concesions da xunta para as teles locais de TDT...

Seica "APOIAN ÓS TRABALLADORES DAS TELEVISIÓNS LOCAIS QUE PODERÍAN PECHAR" por culpa das novas concesións...

Pero macho!!!! Hai que ter jeta: ¿e pq non apoian aos que estiveron traballando ata o de agora cobrando 4 pesos? ¿pq non repasan o sueldo das limpiadoras dos platos de calquera tele local? ou os das maquilladoras/perruqieras, ou os das xente de recepción. Manda carallo cos elitistas. Agora que lles toca a eles apoian a todos. Estes son como os pilotos de iberia.

Como sempre son mais chulos k dios. ¿non serán que o que están apoiado son os seus afiliados periodistas que traballan nas teles locais? (2 apuntes aqui: 1)¿qué e periodista? Porque se periodista é aquela persoa que é licenciada en xornalismo... ejem! 2)¿cantos xornalistas coñecedes que esten traballando nunha tele local?)

Que non vos deixedes enganar... K estes son outros mangantes que o único que queren e coller protagonismo. K os traballadores do audiovisual levamos moitos anos puteados (salvo alguns afortunados de TVE e TVG), e que pechen as teles locais a nos pouco maís ou menos nos da... Total pa que che contraten por horas para facer tal ou cual programa unha vez a semana... pois mira ti que ben: evidentemente de eso ninguen nos ten que defender pq somos nos os que non o queremos. E levamos moitos anos traballando para intentar mellorar esta situación. Por nos que pechen!!! K total, para o traballo que dan... Casi o teñen merecido...

Realmente, ¿queredes saber que é o que dá de comner á xente do audiovisual neste país? ¿de verdád queredelo saber? Pois a BBC. (non, non a British Broadcasting Corporation, non). As reportaxes de BODAS BAUTIZOS e COMUNIONS. Eso é do que vive realmente o profesional audiovisual galego. E co que saca de eso pode permitierse ir vivindo e facendo algunha outra choidad maís "intersante".

Así que, xentiña, unha vez maís, non vos deixedes enganar. K a realidade non é como vola queren pintar nin estes nin aqueles. K hai maís cousas nesta vida que políticos, empresarios e agora tamen asocicions de xornalistas algo despistados (claro, como eles non poden vivir das BBC... ;)

Tedes aquí a nota de prensa dos cabreados xornalistas
Aquí un apunte de vieiros comentando o asunto

Labels:

2 Comments:

At 3:55 AM, Blogger Im-Pulso said...

A súa visión do asunto é moi interesante e mesmo podería suscribila, magoa que fale de "os xornalistas" de xeito xenérico cando --é unha opinión-- coido que debería falar dos xornalistas do sindicato de marras ou, mellor aínda, dos dirixentes do sindicato que fixo o pronunzamento.

 
At 3:27 AM, Blogger Otero Seoane said...

Totalmente de acordo. Un sindicato non representa a opinión de todo un colectivo. Deixarei o publicado tal cual, poque considero que reflexa a frustración do momento, pero teño que dicir que, despois de ter consultado con xente "xornalista" debería ter falado maís de "opinión do sindicato", como vostede dí, xa que hai xornalistas que non necesitan facer este tipo de "notas de prensas" para apoiar a compañeiros non xornalistas nas teles locais.

 

Post a Comment

<< Home