outra vaca no millo

Tuesday, July 11, 2006

Opinión sobre as concesión de TDT local...



A ver, a ver.. que anda a xente moi despistada co tema das novas concesións da TDT local.

Os que levan algun tempo nisto xa saben de que vai o asunto, e prefiren estar caladiños...

Total todos son a mesma merda: tanto ten traballar por catro duros e facer catro merdadas para prisa que para vieiros. Tanto ten que seña codigo Tv que o grupo recoletos. Son todos a mesma historia, e que non vos coman a cabeza. E por riba se estás dentro e falas, pumba... de patitas en la calle. E marcado de por vida. Triste, triste, triste.

¿Queredes saber canto lle están pagando a un camara de teledeza? Non, non creo que o queirades saber. Calariades. ¿Queredes saber canto lle están pagando a unha redatora de atlas galicia? Non, creo que non. É mais bonito facer patria. ¿queredes saber cantas productoras hay en plantilla nos "grupos audiovisuais galegos"? Non, non creo. ¿e a porcentaxe de xente en prácticas neses grupos audiovisuais? ¿e a porcentaxe de becarios nos mismos? ¿é a de contratos temporais? Non, non creo. Eso non lle interesa a nadie, eso non fai país. Eso só interesa aos probres que tentamos vivir desto, e que vemos que con politicos partidistas y empresarios mangantes, maís nos valera ter escollido outra profesión ou marchar fora de galicia.

Triste, triste, triste.

Énchesevos a boca a falar de país e de conquista mediatica e de imposición e de tal e cual, e non preguntades... ¿de onde van sair os cartos? ¿de onde sale a financiación para esas TDT's? ¿dos vosos petos? ¿cantos de vos pagariades un canon por ver unha tele de calidade? ¿sabedes canto cobra por alquilar os repetidores a única empresa que está en capacidad de emitir TDT con garantias en galicia (por certo, empresa galega, e para maís INRI dependente da xunta)? Non, claaaaaaaaro que non. Eso solo interesa aos que estamos dentro. Pero os que estamos dentro estamos tan cansados que pasamos. Total é a misma merda: catro amigos que o único que queren e chupar cartos, cuota de pantalla e impoñer as sas ideas e a sua forma de pensar: De crear industria audiovisual nada de nada... K va!!!! aquí a chupar, e canto maís mellor. Básicamente.

Triste, triste, triste

Vale, xa sei k a idea de calquer empresario é obter o maior lucro posible. Efectivamente. Pero coño!!! podese ser honrado. ¿acaso vos parece moito pedir ter 1 mes de vacacions o ano? ¿acaso vos parece moito pedir un posto estable nunha televisión? (como técnico, claro, como elenco artístico xa é imposible...) e digo en televisión pq pola sua naturaleza é o único medio no audiovisual (xunto coa radio, quizas) que pode permitirse manter unha certa plantilla estable.

A xente debería falar sbendo do que fala. E moi facil falar, e falar, e falar, e falar, do orgullo galego, de que veñen de fora, de que non facemos país, de que non hai espacio audiovisual galego, de que nos estamos a vender a madrid... Vale, non digo que non, pero señores, se a alternativa que me ofrecen para crear pais son empresas tipo "dygra"... apaga e vamonos. Preguntade, preguntade, preguntade por ahi a xente que traballa no ramo cantos deles están traballando con un contrato fijo, cun soldo decente (seica 1900 EUR. neto/mes de media en españa segun unha investigación publicada en europa a semana pasada), e contratados por unha empresa galega. Ou non galega. Dame igual. A mesma merda son. E que non veñan presumindo os de dentro de que son galegos i é unha inxustiza que non lles concedan a eles as licencias por ser de aqui. Segun a sua lóxica, debe ser millor que, postos a putear, que nos puteen os nosos paisanos e non os de fora... Si señor!!! pero que viva la madre que los pario!!!

Triste, triste, triste...

Triste porque, inda que xa sei de sobra que non o fixestes nigun/ningunha, aqueles que pasarades o traballo de leer o pliego de condicions polo que se rexia a concesións das Televisións dixitais locais, non se establecía criterio algun sobre persoal (salvo cousas como que o director de informativos tiña que ser un licenciado en periodismo, ya ves tu...). Nada de plantilla estable, de soldos medios, nada de porcentaxe de persoal subcontratado, nada de equipo humano necesario, nada, de nada, de nada... (bueno, algo sí, pero non vinculante). E si cousas que políticamente venden moito maís, como que os repetidores non tivesen impacto medioambiental, que a programación fose nun tanto por cento maioritatiamente galega, que se primasen os contidos locais(non digo que estas cousas non señan importantes, pero non son as fundamentaís para a industria).... Resumindo: a mesma merda de sempre.


A todos e todas aquelas e aqueles que sei que tedes bo corazón e que vos gusta ver televisión, por favor, repito, por favor, supplicovolo, por favor... Non vos deixedes enganar, non vos deixedes enganar, que non, que non é certo... que de momento é todo a misma merda. Da igual que veñan de madrid, do país vasco, de lalin, ou de verín. Agora mismo, e tal é como está o panorama, é a mesma merda.

Punto. (ojala non fora así, pero de momento eche o que hai, meu...)

Labels:

0 Comments:

Post a Comment

<< Home