outra vaca no millo

Tuesday, July 11, 2006

Licencias TDT

Para que vexades como están as cousas realmente, ahi van as concesions dadas, un pouco explicadas:

La opinión de A Coruña => Carballo, Coruña, Ferrol (estes son dun grupo que opera en España e portugal chamado editorial prensa iberica)

Editorial la capital => Carballo, Coruña, Ferrol, Vilagarcía de arousa (El ideal gallego, diario de bergantiños, diario de ferrol, Diario de Arousa, Deporte campeon... Todo prensa. Pobriños, non saben onde se meten ;)

Salitre Multimedia => Carballo (¿I estes quenes carallo son? nin tan siquieran están no google. A chupar do bote!!!! ;)

Utega S.A => Coruña, Lugo, Ourense, Vigo (Este canta moito: Utega = Localia de vigo. E danlle unha licencia na coruña... Uhmmmm interesante ;)

Radio Coruña => Ferrol (Manda carallo, Danlle en ferrol e non en coruña. Por certo, a licencia é para radio coruña, é non para o grupo prisa. A emisora non é do grupo prisa, simplemente está asociada a cadena ser, que non é que sexa da cadena ser, senon que ten contrato con esa cadea para repetir a sua programación).

Editorial Compostela => Ribeira, Santiago, Vimianzo e Lalín (Son os do correo gallego e galicia-hoxe)

Multimedia comunicaciones => Ribeira (¿quenes son? A chupar do boteeeeeeee)

TV Mancomunidade do salnes => Ribeira (Unha tele local!!!! k milajro!)

Faro de Vigo, S.A.U => Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo (membros do grupo editorial prensa iberica, mesmo que para la opinión de A Coruña)

Compostelavisión S.L.U. => Santiago (encargada de xestionar a marca de calidad de Turismo de Santiago ????? Non pode ser! sera??? )

Chantada Comunicación S.L. => Chantada (estes saben de que van, son os de Televinte chantada).

Telelugo El Progreso de Lugo S.L. => Lugo, Monforte, Vilalba, Viveiro (grupo el progreso).

Alternativas de Medios Audiovisuales SL => Lugo (estes son de Madrid. Punto.)

Telemiño S.A => Monforte, O barco de valdeorras, Carballiño, Ourense, Verin (Telemiño, sen maís comentarios. Para mín os maís valientes, senon, mirade as demarcacións que escolleron).

TV7 Monforte S.A => Monforte, Vilalba. (Os locais de monforte)

Deza Visión S.A. => Lalín. (Os locais de Lalín)

Rías Baixas de Produción => Ponteareas, Vigo. (¿estes quenes son? Pero ganarón unha licencia en vigo. Flipalo!!!)

Lérez Canal 29, S.L. => Pontevedra, Vilagarcía de Arousa (Tele local de Pontevedra)

Televisión Pontevedra => Pontevedra (Estes como señan tan orixinais como co nome van listos)

TV Salnés => Vilagarcia de arousa (Nin idea)

Josefa López Pousa => Ponteareas (A única licencia concedida a unha persona física. OLE! os tus ovarios Josefa! Por certo: Ponteareas sitio distinto ;)

Agrupando entre galegos y extranxeiros ;) ...

Grupos naionais
Prensa iberica: 3 + 4
Prisa: 4+1
Alternativa: 1
Total: 13 nacionais

Galegos
Ed. la capital: 4
Correo: 4
Mancomunidade Salnes: 1
Compostelavision: 1
Chantada comunicación: 1
Telelugo: 4
Telemiño: 5
TV7 Monforte: 2
Deza: 1
Rias baixas produccions: 2
Lerez canal 29: 2
TV pontevedra: 1
TV Salnes: 1
Josefa: 1
Total: 30 Galegos

Descoñecidos
Salitre Multimedia: 1
Multimedia comunicaciones: 1
Total: 2 descoñecidos

Vale, sí e certo que hai canles nacionais introducidas de tapadillo, pero son 13 licencias contra 30 que recairon en grupos galego integramente. ¿vos que decides? ¿Non será algo de repateo dos que non levaron nada decir que este é un desembarco de grupos nacionais nun marco destinado só os contenidos locais?

Labels:

0 Comments:

Post a Comment

<< Home