outra vaca no millo

Friday, March 31, 2006

Xuventude Galicia net...


Je,Je...

Para os mais pirateiros, xa está preparada a nova edición do Xuventude Galicia net. A ver si se bate este ano o record do ano pasado. Teredes campionados de xogos (counter, Quake 4 e Warcraft)nunha sala especialmente habilitada. Os mais bailarins e bailarinas poden participar tamen no torneo de pump-it-up.

Os que lles mole o tema da demoscene, teñen competencias de:
Fast 2D
case-mod
GRaficos 2D
Animación
Páxina web
GRaficos 3D
Real Time Battle

Aparte de outras mariconadas de concursos varios que millor estiveran fora dunha party (p.e. a mariconada esa de descubre santiago).E o das conferencias... pos bueno, pa min que a xente que organiza esto no se acaba de enterar moi ben do que é unha party. (ou é que esto como é da xunta ten que ser politicamente correto, fijate ;)

Tuesday, March 28, 2006

Expoenter en expoourense...


(Mira que somos orixinais cos nomes ;)

Pois eso, que esta semana se vos gusta as novas tecnoloxías i estabades buscando unha escusa para ir a cidade das burgas (coma mín ;), esta pode ser a vosa forma de matar dous paxaros dun tiro.

Din os organizadores que servirá para atender ao estado das TIC's e a sua aplicación nas pemes. Inclue unhas xornadas técnicas e conta co apoio da escola universitaria de informatica de ourense e da xente do parque tecnolóxigo de san cibrao.

Segun a organización se vades atoparedes Hardware, Software,Aplicacións e Servizos Multimedia, Telecomunicacións, Videoconferencia, Impresión dixital, Reprografía, Teletraballo, Operadores, Aplicacións de deseño, Comercio Electrónico, Electrónica, Provedores de Internet, Deseño Web, Mantemento de sistemas, Telefonía Móbil e Fixa, Bases de Datos, Cine doméstico e Son e Imaxe. De todo vamos. Unha preguntiña : ¿non vos parecen moitas cousas para unha sola feira? Bueno, non sei, van pola 7ª edición, así que, por algo será. Espero poder pasarme para ver que dá de si. Seguide sintonizados neste mismo blog e xa vos contarei.

Monday, March 27, 2006

O Porno tamen existe en galiza...


E ademaís goza de boa saude ( de feito ahi están os datos: en Galicia unha das productoras que maís factura é a productora porno papillon ). Con todo Galicia nunca foi terra deste tipo de "arte". Se nos comparamos por exemplo cos catalanes e o seu festival de cine erotico internacional, ou cos portugeses e a sua feria lisboeta inda estamos a anos luz. Pero os poucos. Polo de pronto, para intentar encher certo vacio xurdiu SEDA, o Salon erótico do Altantico, que vai reunir aos profesionais do sector esta semana (do 30 de marzo ao 1 de abril) no salon de exposiciones de vilagarcia.

A convocatoria inclue Restaurantes, Espectáculos/Shows, Publicaciones, Sex shops, Distribuidoras, Audiovisuales (Productoras), Fabricantes de productos especializados, Multimedia, Moda e outros. Para caldear o ambiente, amais das xornadas técnicas pertinentes, habera pases de espectaculos X, continuos shows eroticos nos distintos stands, e ata un casting para a busqueda de novos actores e actrices porno. Tamén se incluen concertos eroticos.

Unha alternativa interesante para este finde, tamen aberta ao público en xeral a partir do venres por un medico precio de 20 euros. Poderedes ver, sentir, tocar, degustar e probar todo o que queirades.

Animadevos e pasadevos por vilagarcia este finde. Dende aquí queremos desexarlle toda a sorte do mundo a planner & proceltha , a empresa organizadora, (inda que non a necesita pq saben facer o seu traballo bastante ben), co evento e que o exito que seguramente vaia ter os anime a repetir a experiencia o ano que ben.

Por certo, se vades, animadevos a deixar algun comentario contando que vos pareceu. ou que creedes ¿pensades que habería que potenciar esta industria en galicia?¿forma ou non forma parte do audiovisual? Un dato: en canto internet e o comercio electronico, a industria porno é unha das punteiras que maís fai avanzar estes mercados (e non digamos se falamos da distribución de material audiovisual via banda ancha).

La sexta en galicia...

A partir de hoxe temos outra nova cadena de TV en analóxico para ver, inda que en galicia só está dispoñible para a xente de ourense (¿afortunados? eles). Se tedes dixital xa a podiades ver antes. Espera que próximamente cubra o resto do territorio.

Por certo, ¿a vos tamen vos parece que poderían ter sido un pouco maís orixinais co nome, ou é cousa miña?

Wednesday, March 22, 2006

Música na galega...


Non é ningunha novedade o que vou contar, pero eu acabome de enterar hai ben pouco...

Como saberán aqueles amigos da boa música rock que gosten de radio 3, o único, repito (i é unha cousa ben triste, pero hai que decilo así porque é o que hai), o único programa músical a nivel galicia que trata deste tipo de música decentemente é estudio 3. Ata non hai moito emitiase nas tarde da galega de 4 a 6 (creo, que mo confirme alguien que fose ointe asiduo), horario que, nin lle pegaba moito, nin facía sinxela a sua escoita (por aquelo de que a esas horas o que non traballa está tomando a siesta ;).

Bueno, pois ben, que saibades, que mudou, i eu creo que para mellor. Agora emite na cousa rara esa que non se sabe moi ben que é que chaman "radio galega música" (digo que non saben moi ben que é pq maís se parece á playlist do meu reproductor de mp3 que a unha emisora de radio. Así tamen fago eu radio!), podese escoitar nas suas frecuencias de luns a venres de 21:00 a 23:00 horas (un horario que lle presta moito millor ¿que non?).

Para os que non sepades as frecuencias ahi vos vai unha axudiña (non tan todas, pero algo é algo): Santiago 104.2 / A Coruña 99.5 / Ferrol 106.7 / Vigo 96.5 Se alguen sabe dalgunha maís que postee un comentario e añadimola. Por certo que na páxina web da crtvg nada de nada de nada de nada, ou cando menos se hai, está ben escondida. (novamente: help! se sabedes que si está nalgun sitio información sobre o engendro comentade, comentade...)

Play-doc

Tou liado e non poido escribir moito.

Pero que sepades que hoxe comeza o festival de documentais de Tui. Dende hoxe e ata o proximo martes (si, xa sei, as datas son un pouco extrañas, pero bueno...) vai estar a flor e nata da escena documental alternativa na cidade da ribeira do miño. Inclue de todo, ata concursos (patrocinados por avid) de creación documental para os asistentes. Mais información na webe do festival.

Saturday, March 18, 2006

Gisaku: ¿manga galego?


A produtora filmax (con sede en barna e dono Galego), acaba de estrear este finde a que ven de ser a última producción da sua división de animación Brent Entertaiment: Gisaku.

A pilicula conta a historia dun ninja durmido que terá que descubrirse e loitar contra as forazas do mal e tal e tal e tal... (bueno, vale, se queredes ver de que vai a peli mirade aquí que hoxe tou vago ;)

Como xa saberedes moitos, gracias a unha importante subvención (ou axuda, chamadea como queirades ;) dada no seu dia ao grupo filmax polo governo daqui ( lease xunta ), unha das factorías de animación desta empresa está sita no pais galego, concretamente en Santiago, mais precisamente en Area Central, Portal Nº 5 (o lado da garita dos seguretas), planta 3ª. Inda que as decisións importantes (guión, producción, deseño principal e demais) tomanse dende a central en Barcelona, o toque galego notase na producción. Senon mirade alguns escenarios nos que se desenvolve a acción: non de vos parece esto ou esto ou esto a algo que coñecedes ?

Bueno, noraboa a toda a xente de Brent que facendo o traballo sucio conseguiron darlle vida a esta producción, un abrazo pa todos (e todas, que sei que tamen hai feminas ;) e a seguir traballando, que inda que xa sabemos todos que estades algo putead@s, da gusto que inda así seguides conseguindo facer cousas interesantes (cando vos deixan ;), pero eso xa é outra historia...

Por certo, o son, de david Alvarez (El año de la garrapata, Pinocho 3000, dias de futbol, el maquinista ... )

Wednesday, March 15, 2006

Premios mestre mateo 2005


Hai puco falabamos dos oscars, que concede a academia das artes e ciencias do cine norteamericana, e hoxe tocanos falar dos de aqui, dos que concede cada ano a academia galega do audiovisual: Os mestre mateo. (si, xa sei, non é o mismo, sobre todo polo glamour, pero bueno... son os nosos ¿non?)

Falando de glamour ¿imaxinadesvos a tete delgado en traxe de noite paseando por riba dunha alfombra vermella, e acompañada collida da man por un galan galaico (ponlle xurxo souto, por exemplo ;) ? Creo que este ano non vai ser o caso, vamonos quedar cas ganas...

Bueno, pois eso, que o proximo domingo 19 de marzo temos entrega de premios. Este ano hai unha chea de categorías e nominacións, inda que a palma é para as series de televisión e as piliculas. Falando de números quen maís nominacións recibe é "As leis de Celavella" de Voz audiovisual con 14, incluidas mellor serie de TV, mellor guión, mellor producción, mellor dirección, mellor actriz secundaria e mellor actor secundario. Desta producción tamen están nominados Rubén Bermúdez e Víctor Seixo para o mellor son. Outra gran nominada é "libro de familia" con 10 nominacións, incluindo mellor serie de TV, mellor montaxe, mellor realización, duas para mellor actor secundario, mellor actriz secundaria, e tamen unha nominación ao mellor son para os amigos de Son do Tagalem, polo seu traballo na serie. "El sueño de una noche de San Juan" aparece tamen como unha das produccións maís potentes, con 9 nominacións, incluidas mellor pelicula, mellor producción, mellor fotografía, mellor guión ou mellor dirección. Tamen están nominados Carlos Faruolo e Jaime Fernández polo seu traballo no son desta cinta. 9 nominacións son as que ten tamen o filme "Heroina" (coproducción de Continental, Tornasol, Milú Films e a TVG) entre as que destacan mellor pelicula, mellor producción, mellor fotografía ou mellor actriz femenina. "León y Olvido" é a outra producción potente en canto a nominacións, tamen con 9, incluidas mellor pelicula, mellor vestiario, mellor guión, mellor dirección ou mellor actriz femenina. Os señores de Ibiricu aparecen tamen nominados ao mellor son polo seu traballo nesta serie. Algo maís abaixo no tocante a palmares por número de nomicións quedan xa "4º sen ascensor" con 6 nominacións incluida a de mellor serie de TV, ou a tamen candidata para mellor serie de TV "Terras de miranda" con 4.

Chama a atención algunhas cousas curiosas nestas candidaturas. Se miramos por exemplo o Nº de premios aos que optan, a producción "Para que non me esquezas" opta a 4 premios, pero, ningun deles técnico (a saber: mellor dirección, mellor actor principal, mellor actor secundario e mello actriz secundaria). ¿Tan mál o fixeron os técnicos e tan ben a eleco artístico? raro, raro. Outra cousa que chama a atención (cando menos a mín) é o caso de "Pratos Combinados", non acadando ningunha nominación técnica, por suposto, pero sí TRES, repito, TRES, nominación artísticas (duas ao mellor actor, e unha a mellor actor secundario), e por riba, as tres por actuacións nun mesmo capitulo. Debe destar de puta madre o capitulo ese. Chama a atención tamen a presencia por duplicado da Escola de imaxe e son de Vigo (escola ou productora?) ou o ben que o deben a estar facendo no master de deseño dixital da coruña pois este ano conseguiron duas nominación en animación (e mira que outra cousa non, pero animación en Galicia inda hai xente que fai!).

Bueno, para ir rematando, o outro campo que nos interesa a nos, as TICs, teñen asociada dentro dos premios a categoría de interactivos. Aquí aparecen a Web de Dygra (made in feita na casa), a de Avelino Gonzalez (firmada por Desoños ), e as produccións o mando manda de interacción (non podían faltar, son os mellores) e percebe de Saga TV.

Están abertas as kinielas. Señoras e señores poden vostedes apostar. O domingo 19 o audiovisual galego está de festa de gala na curuña ¿Quen gañara? Todos. seguro.

Blockbuster pecha...


Seica somos moi piratas por aquí por estes lares.

A multinacional de tendas de alquiler confirmou onte que vai pechar de aquí a fianis de maio todas as suas tendas de España. Alegou como motivo as grandes perdas obtidas como resultado no 2004, e que espera se vexan incrementadas en canto se coñezan os resultados da compañía para o 2005.

Blockbuster cita como principal causa destes malos resultados, o alto grado de piratería de material audiovisual que se dá en España (¿non vo sona esta cantinela?). Así que, xa sabedes rapac@s, se tedes bonos da vosa blockbuster mais cercana, apuradevos a gastalos que pechan. ;)

Por certo, que a piratería solo a debe de haber na peninsula, por que as tendas de canarias non pechan (eso si, ali traballan en regimen de franquicia).

Aquí tedes maís detalles
e o artigo de fernando garrido ao respeto (gracias fernado polo enlace!!!)

Friday, March 10, 2006

TVE (e II)


Din os vellos que cando o rio sona é que auga leva.

Cando postei a noticia anterior inda non se sabia nada, só que se iban recortar desconexións, pero hoxe xa se coñece con todo detalle que o que se quere facer é un recorte de plantilla "de la hostia" no ente público.

En Galiza non van pechar nada, inda que as desconexións da duas desaparecen e na primeira reducense a unha de media hora. Heche o que hai (cando menos o plan) Agora toca pelear.

Se algen de dentro (tve ou rne en Galicia) lee este blog ¿pode escribir algo sobre o que se rumorea dentro da casa?

Tuesday, March 07, 2006

Oscars: King kong se los comio


Miñas donas, meus señores, os dous máximos galardons adicados ao son no mundo do cine, os oscars a mellor edición de son, e á millor mezcla de banda sonora, foron coincidentes este ano: King Kong.

O premio a mezcla repartiuse entre 4 pavos:
Christopher Boyes (sound re-recording mixer)
Michael Semanick (sound re-recording mixer)
Michael Hedges (sound re-recording mixer)
Hammond Peek (sound recordist)
Que xa sabían o que era gañar un oscar ao mellor son, xa que Todos traballaran xa co director (peter jackson) na última entrega do señor dos aneis.

Para a edición sonora, os que subiron a recoller o premio foron:
Mike Hopkins (supervising sound editor)
Ethan Van der Ryn (sound designer) (supervising sound editor)

Este último xa tiña traballado tamen como deseñador sonoro para a triloxia do señor dos aneis.

Noraboa a todos eles, e a ver para cando temos un galego tecnico recibindo un oscar ;)

Thursday, March 02, 2006

RTVE e os seus centros territoriales...

Rapaces e rapazas...

Se estades nos centros territoriais de RTVE en Galicia: se ata agora vos aburriades, e facendolle caso a ministra, a partir de agora vadesvos aburrir inda maís... (so media hora... total como fora de madrid no pasa nada)

(e os que teñan contrato temporal que vaían buscando outro chollo...)

Wednesday, March 01, 2006

sobre Libro de Familia...










Je, Je...

xa sei que non ten moito que ver, pero e que macabo denterar. Señoras e señores, os exteriores dese pedazo de producción para televisión que se está currelando el correo jallejo gravanse en Melide, e claro, un que é de ala tamen ten o seu corazonziño e cando ve a torre da igrexa do castelo, pois non pode evitar soltar unha lagrimiña (por fin se acordan do cerne de galicia ;)...

Por certo que na división audiovisual do correo gallego están que non mexan pq a serie sigue a funcionar igual de ben (seica un trinta e moitos por cento de share...)